Xoves 25 Abril 2024

Retrato da Gran Nebulosa de Orión

Créditos da imaxe e copyright: (infravermello) NASA, Spitzer Space Telescope; (visible) Oliver Czernetz, Siding Spring Obs.
Créditos da imaxe e copyright: (infravermello) NASA, Spitzer Space Telescope; (visible) Oliver Czernetz, Siding Spring Obs.

Explicación: a Gran Nebulosa de Orión é un lugar cheo de cor. Visible a ollo ceibe, aparécese coma unha pequena mancha borrosa na constelación de Orión. Porén, as imaxes de longa exposición e en multitude de lonxitudes de onda coma esta amosan unhanebulosa de Orión coma unha veciñanza ocupada de estrelas novas, gas quente e poescuro. Esta composición dixital amosa non só as tres cores da luz visible senón tamén as catro cores da luz infravermella tomada polo Telescopio Espacial Spitzer da NASA en órbita. A potencia por tras de gran parte da nebulosa de Orión (M42) está no Trapezium; catro das estrelas máis brillantes da nebulosa. Moitas das estruturas filamentarias que se ollan son realmente ondas de choque; frontes onde o material que se move veloz se atopa co gas que se move amodiño. A nebulosa de Orión abarca uns 40 anos luz e estálocalizada a uns 1.500 anos luz de distancia no mesmo brazo espiral da nosa galaxiaSol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón