Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, MSSS; Procesado: Damian Peach.

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, MSSS; Procesado: Damian Peach.

Remuíño de nubes ao redor de Xúpiter meridional desde Juno

A sonda espacial ofrece unha nova imaxe de gran calidade da superficie do maior planeta do Sistema Solar

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, MSSS; Procesado: Damian Peach

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, MSSS; Procesado: Damian Peach.

Explicación: Juno acaba de rematar o seu cuarto paso preto de Xúpiter. A automática Juno, que engalou desde a Terra en 2011 e chegou a Xúpiter o xullo pasado, concluíu a súa última órbita elíptica ao redor do planeta máis grande do noso sistema solar hai 11 días. Esta fotografía do paso é unha nova imaxe en alta resolución do hemisferio sur de Xúpiter que amosa un tapiz enfeitizante de sistemas de nubes xiratorias. O terminador entre o día e a noite corta diagonalmente polo fondo, o que significa que o Sol se atopa por fóra da parte superior dereita. Pode verse o gran óvalo BA en laranxa no extremo dereito. Aínda se descoñecen as razóns dos detalles e cores dos remuíños de nubes de Xúpiter. A misión de seis anos planeada por Juno estudará o xigante xoviano de novos xeitos, incluíndo tentar determinar se por baixo das grosas nubes Xúpiter ten un núcleo sólido.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.