Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona

Reflexos en vdB 31

A fermosa e azul vdB 31 é o obxecto 31º no catálogo de nebulosas de reflexión do ano 1966 de Sidney van den Bergh

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona

Explicación: cabalgando por riba da constelación da Auriga, a fermosa e azul vdB 31 é o obxecto 31º no catálogo de nebulosas de reflexión do ano 1966 de Sidney van den Bergh. Comparte este bodegón celeste ben feitiño xunto coas nubes escuras rexistradas no catálogo de sinais escuros do ceo do ano 1919 feito por Edward E. Barnard. Son todas nubes de po interestelar, que bloquean a luz das estrelas de detrás no caso das nebulosas escuras de Barnard. Para vdB 31, o po cósmico reflicte de xeito preferente a luz estelar azulada procedente da quente estrela variable AB Aurigae que está incrustada. Ao explorar o contorno de AB Aurigae co Telescopio Espacial Hubble desvelouse que a estrela nova de varios millóns de anos de idade está ela mesma arrodeada polo disco poeirento aplanado con evidencias de estarse a formar un sistema planetario. AB Aurigae está a uns 470 anos luz de distancia. A esa distancia este lenzo cósmico abarca uns catro anos luz.

Rematamos a xira galega das charlas do APOD do último ano en Pontevedra e Santiago de Compostela.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.