Créditos da imaxe e copyright: Paolo Lazzarotti.

Créditos da imaxe e copyright: Paolo Lazzarotti.

Raio verde no solpor de Italia

Créditos da imaxe e copyright: Paolo Lazzarotti.

Créditos da imaxe e copyright: Paolo Lazzarotti.

Explicación: este foi un solpor estraño. Por unha banda, o Sol, normalmente redondo, aparecía distorsionado xeometricamente e con moitas capas. Por outra banda, algunhas destas capas aparecían estrañamente verdes. Por suposto que o Sol estaba ben; a súa aparencia rara estaba provocada completamente pola súa luz ao refractarse na atmosfera da Terra. Cando as capas da atmosfera da Terra son extraordinariamente mornas, as capas do Sol poden aparecer distorsionadas ou incluso ollarse varias veces. O efecto é máis forte canto máis preto do amencer ou do solpor esteamos, momento no que as capas de inversión terrestres ocupan altitudes distintas por riba do horizonte. As cores diferentes do Sol tamén poden sufrir unha deflexión en magnitudes significativamente diferentes, polo que a máis superior da imaxe de enriba chega a ser momentaneamente verde; un fenómeno coñecido coma un raio verde. A imaxe publicada tirouse en febreiro desde Porto Venere (Italia), coa igrexa de San Pietro situada no primeiro plano.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.