Prominencia solar eruptiva

Unha prominencia solar eruptiva retorta

Créditos do vídeo: SOHO Consortium, EIT, ESA, NASA

Explicación: dez Terras poderían encaixar de xeito sinxelo na “gadoupa” deste aparentemente monstro solar. O monstro, en realidade unha enorme prominencia eruptiva, móvese desde o noso Sol neste vídeo secuencia condensada de media hora. Esta gran prominencia é significativa non só polo seu tamaño, tamén pola súa forma. A retorta figura con forma de oito indica que un campo magnético complexo se abre paso ao través de partículas solares emerxentes. A rotación diferencial de gas que está xusto por baixo da superficie do Sol podería axudar a explicar a explosión superficial. A secuencia de cinco fotogramas tirouse a comezos do ano 2000 polo satélite SOHO, que orbita ao Sol. Aínda que as prominencias grandes e as Execcións de Masa Coronal(CMEs) potentes son relativamente raras, están a ocorrer de novo con maior frecuencia agora que estamos preto do Máximo Solar, un momento de máximo de manchas solares e actividade do Sol no ciclo solar de once anos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.