Venres 29 Marzo 2024

O pozo de erupcións solares AR2673

Créditos da imaxe: NASA, SDO, GSFC
Créditos da imaxe: NASA, SDO, GSFC

Explicación: case fóra da vista desde o noso fermoso planeta e rotando ao redor do bordo occidental do Sol, a xigante rexión activa AR2673 atacou con outra intensa fulguración solar seguida dunha gran expulsión de masa coronal o 10 de setembro. A propia erupción pode ollarse aquí á dereita na imaxe do ultravioleta extremo tirada polo Observatorio de Dinámica Solar (SDO ou Solar Dynamics Observatory) que axexa ao Sol. Esta intensa fulguración foi a cuarta da clase X desde AR2673 neste mes. A expulsión de masa coronal máis recente asociada á rexión activa colisionou coa magnetosfera da Terra 2 días despois. Despídete da intensa AR2673, polo de agora. Durante as vindeiras dúas semanas, o potente grupo de manchas solares está na beira traseira do Sol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón