Powers of Ten película

Potencias de dez

Créditos do vídeo e copyright: Charles e Ray Eames (Eames Office)
Explicación: como de diferente é o Universo nas escalas pequena, media e grande? A película curta máis famosa da ciencia da súa xeración fai comparacións impresionantes. Esa curta, Potencias de dez, creada orixinalmente nos anos 60, foi oficialmente publicada en YouTube e incrustada enriba. Desde unha manta de picnic preto de Chicago ata pasar o cúmulo de galaxias de Virgo, cada dez segundos a película mostra un zoom para amosar un cadro de visión dez veces máis grande por cada lado. O vídeo entón invírtese, facéndose máis pequeno nun factor dez cada dous segundos e remata no interior dun único protón. A secuencia Potencias de dez está en realidade baseada no libro Cosmic View de Kees Boeke, de 1957, e é semellante pero máis avanzada á animación Cosmic Zoomque tamén se creou a finais da pasada década dos anos 60. A perspectiva cambiante é tamén tan fascinante e educativa que se recreou empregando técnicas informáticas máis modernas, como nos primeiros minutos da película Contact e na curta de vídeo dixital chamada The Known Universe creada en 2010 polo Museo Americano de Historia Natural. Os creadores da película, Ray e o seu marido Charles Eames, foron coñecidos coma espíritos moi visionarios e incluso inventaron a súa propia e popular cadeira.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.