Venres 19 Abril 2024

Po, gas e estrelas na nebulosa de Orión

M42_HubbleVargas_960

Explicación: a Gran Nebulosa de Orión, unha rexión de nacemento estelar inmensa e achegada, probablemente é a máis famosa de tódalas nebulosas astronómicas. Aquí, os filamentos de gas escuro e o gas brillante arrodean ás estrelas novas e quentes no bordo dunha inmensa nube molecular interestelar a só 1500 anos luz de distancia. Na fonda imaxe publicada amósase en cores asignadas parte do centro da nebulosa tomada polo  Telescopio Espacial Hubble. A Gran Nebulosa de Orión pode atoparse a simple vista no cinto de estrelas, doado de identificar, da popular constelación de Orión. Ademais de albergar un brillante cúmulo aberto de estrelas coñecido coma o Trapezo, a Nebulosa de Orión contén moitas garderías estelares. Estas garderías teñen moito gas hidróxeno, estrelas novas e quentes, próplidos e chorros estelares que cuspen material a velocidades elevadas. Tamén coñecida coma M42, a Nebulosa de Orión abarca uns 40 anos luz e está situada no mesmo brazo espiral da nosa galaxia que o Sol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón