Venres 19 Abril 2024

Po estelar en Aries

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)

Explicación: esta composición de po estelar cobre uns 8 graos do ceo setentrional. O mosaico está ao oeste do familiar cúmulo estelar das Pléiades, cara a constelación zodiacal Aries e o plano da nosa galaxia Vía Láctea. Á dereita da fonda paisaxe celeste está a azulada Epsilon Arietis, unha estrela visible a simple vista e a uns 330 anos luz de distancia. Reflectindo a luz estelar da rexión, as nebulosas poeirentas LBN762, LBN753, e LBN743 estrícanse de esquerda a dereita ao través do campo, pero está probablemente a uns 1.000 anos luz de distancia. A esa distancia estimada, o lenzo cósmico ten uns 140 anos luz de diámetro. Preto do bordo dunha gran nube molecular, os seus escuros interiores poden agochar as estrelas recén nadas e obxectos estelares novos ou protoestrelas dos osmóns telescopios ópticos. Colapsadas pola propia gravidade, as protoestrelas fórmanse ao redor dos núcleos densos incrustados na nube molecular.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón