Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins University/APL, Southwest Research Institute – Montaxe estéreo: Brian May

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins University/APL, Southwest Research Institute – Montaxe estéreo: Brian May

Plutón polo guitarrista e astrofísico Brian May

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins University/APL, Southwest Research Institute – Montaxe estéreo: Brian May

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins University/APL,
Southwest Research Institute – Montaxe estéreo: Brian May

Explicación: estas dúas imaxes detalladas en cores reais de Plutón foron captadas durante o histórico sobrevoo da New Horizons o mes pasado. Con perspectivas lixeiramente diferentes das estruturas superficiais agora recoñecibles, presentáronse nesta primeira parella en estéreo de alta calidade coa intención de seren contempladas polos cidadáns do planeta Terra. A imaxe á man esquerda (ollo esquerdo) é un mosaico gravado cando a nave espacial estaba a uns 450.000 quilómetros de Plutón. A imaxe da dereita foi tomada máis tarde, unha última ollada completa antes do achegamento máis próximo da nave espacial. Debido a unha diferencia de resolución, a parella combínase para unha espectacular perspectiva en 3D do afastado terreo infernal. Como curiosidade, o tratamento das dúas fotos foi realizado polo astrofísico (e ex guitarrista da banda de rock ‘Queen’) Brian May, tras unha estadía na NASA para seguir a misión da New Horizons.

Aquí tedes a foto de Brian May, o pasado 17 de xullo, chegando á NASA para pasar unha xornada co equipo da New Horizons. É recibido polo administrador da NASA, Charles Bolden, por certo o primeiro afroamericano en dirixir a axencia espacial dos EUA.

Brian May xunto a Charles Bolden, nas instalacións da NASA, o 17 de xullo de 2015.

May xunto a Charles Bolden o 17 de xullo de 2015.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.