Explicación: o total de sistemas planetarios múltiples candidatos e confirmados da misióndo cazador de exoplanetas Kepler está en 1.705 mundos en órbita ao redor de 685 estrelas afastadas. Podes pór todas esas órbitas exoplanetarias na mesma escala e seguir os seus movementos orbitais relativos e terás o Planetario IV do Kepler. Para facer os planetas visibles, os seus tamaños non se amosan a escala. Pero as órbitas dos planetas do Sistema Solar (liñas de puntos) están incluídas a escala no hipnótico vídeo. Como é natural, o Kepler emprega os tránsitos planetarios para detectar exoplanetas, pescudando unha lixeira diminución de luz mentres o planeta cruza perante a súa estrela. Na duración do vídeo comprimido, as órbitas dos sistemas multiplanetarios do Kepler están orientadas todas para que os tránsitos observados se sitúen na posición das tres en punto dun reloxo. Os movementos de abalo salientan o forte contraste entre a maior parte dos sistemas exoplanetarios descubertos polo Kepler e o noso. Planeas unhas vacacións interestelares? Asegúrate primeiro de verificar a escala da parte superior esquerda. O código de cores indica a temperatura de equilibrio superficial estimada para o planeta baseada no tamaño da súa órbita e a estrela que orbita.