Autora na Terra vista desde a Estacion Espacial Internacional

Planeta Aurora

Autora na Terra vista desde a Estacion Espacial Internacional

Créditos da imaxe: Scott Kelly, Expedition 44, NASA.

Explicación: que estraño planeta alieníxena é este? É o planeta Terra, claro, visto ao través do brillo escintilante das auroras desde a Estación Espacial Internacional. A uns 400 quilómetros de altura, a propia estación orbital está no reino superior das exhibicións aurorais, tamén olladas desde a superficie do planeta o 23 de xuño. As auroras teñen as cores características dos átomos e moléculas excitados nas densidades baixas atopadas a altitudes extremas. O arrepiante brillo verdecente do osíxeno molecular domina esta imaxe. Pero máis alto, xusto por riba do horizonte da estación espacial, hai unha franxa vermella de aurora máis rara debida ao osíxeno atómico. A tormenta xeomagnética en curso comezou tralo recente impacto dunha exección de masa coronal na magnetosfera da Terra.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.