Martes 16 Abril 2024

Planando sobre Titán

Créditos da imaxe: Cassini Radar Mapper, JPL, USGS, ESA, NASA.
Explicación: como sería sobrevoar Titán? As imaxes de radar procedentes da sonda automática Cassini da NASA en órbita ao redor de Saturno foron compiladas dixitalmente para simular como sería un voo. A Cassini precipitouse varias veces no pasado na lúa máis anubrada de Saturno desde que chegou ao planeta anelado en 2004. O voo virtual que se exhibe aquí amosa numerosos lagos en cor negra e terreo montañoso en cor dourada. As rexións da superficie das que se carece información vertical polo miúdo aparecen máis chairas, mentres que as rexións suficientemente cartografadas teñen a súa altitude estirada dixitalmente. Entre as baías visualizadas está o Kraken Mare, o meirande lago de Titán que ten uns 1.000 quilómetros de longo. Os lagos de Titán son diferentes aos lagos da Terra en que están compostos de hidrocarburos con semellanzas ao gas natural líquido. Como se formaron os lagos de Titán e por que sobreviviron segue a ser un tema de investigación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente