Xoves 28 Marzo 2024

Piares e chorros na nebulosa Pelicano

Piares e chorros na nebulosa Pelicano
Créditos da imaxe e copyright: Larry Van Vleet (LVVASTRO).

Explicación: que estruturas escuras xorden desde a nebulosa Pelicano? A nebulosa Pelicano, que pode ollarse coma unha nebulosa con forma de paxaro precisamente cara a constelación dun paxaro (Cygnus, o Cisne), é un lugar punteado con estrelas recén formadas pero lixadas de po escuro. Estes grans de po do tamaño do fume formáronse nas atmosferas frías de estrelas noviñas e espalláronse polos ventos estelares mailas explosións. Poden verse impresionantes chorros Herbig-Haro emitidos por unha estrela á dereita que está a axudar a destruír o piar dun ano luz de lonxitude que o contén. A imaxe publicada foi coloreada cientificamente para salientar a luz emitida polas pequenas cantidades de nitróxeno, osíxeno e xofreionizados, da nebulosa que está feita sobre todo de hidróxeno e helio. A nebulosa Pelicano (IC 5067 e IC 5070) está a uns 2.000 anos luz de distancia e pode atoparse cun telescopio pequeno ao norleste da brillante estrela Deneb.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente