Sábado 20 Abril 2024

O Pequeno Sombreiro de Pegasus

Créditos da imaxe e copyright: CHART32 Team, Procesado – Johannes Schedler
Créditos da imaxe e copyright: CHART32 Team, Procesado – Johannes Schedler

Explicación: apunta o teu telescopio cara a constelación de altos voos de Pegasus e poida que atopes esta extensión de estrelas da Vía Láctea e galaxias afastadas. O fermoso campo de vista, dominado por NGC 7814, sería cuberto case por unha lúa chea. NGC 7814 é chamada ás veces o Pequeno Sombrero (N.T.: en castelán no orixinal) pola súa semellanza coa máis brillante e famosa M104, a galaxia Sombrero. Ámbolos dous “Sombreros” son galaxias espirais vistas de canto, e as dúas teñen halos grandes e vultos centrais cortados por un disco delgado con corredores de po delgados en silueta. De feito, NGC 7814 está a uns 40 millóns de anos luz de distancia e estímase que ten uns 60 000 anos luz de diámetro. En realidade, iso fai que o Pequeno Sombrero teña aproximadamente o mesmo tamaño físico que a súa homónima mellor coñecida, parecendo máis pequena e feble só por estar máis afastada. As galaxias ananas moi tenues, satélites potenciais de NGC 7814, foron descubertas en exposicións fondas do Pequeno Sombreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang