Créditos da imaxe e copyright: Kent Wood

Créditos da imaxe e copyright: Kent Wood

A pantasma de Mirach

Catalogada coma a galaxia NGC 404, estímase que está a uns 10 millóns de anos luz de distancia

Créditos da imaxe e copyright: Kent Wood

Créditos da imaxe e copyright: Kent Wood

Explicación: tan lonxe como vas as pantasmas, realmente a Pantasma de Mirach non arrepía. A Pantasma de Mirach é tan só unha galaxia feble e borrosa, coñecida ben polos astrónomos, coa casualidade de que se ve case ao longo da liña de visión de Mirach, a estrela brillante. Mirach, centrada neste campo estelar, tamén é denominada Beta Andromedae. A uns 200 anos luz de distancia Mirach é unha estrela xigante vermella, máis fría có Sol pero moito máis grande e por tanto intrinsecamente moito máis brillante cá nosa estrela. Na maioría das imaxes telescópicas, a luminosidade e as puntas de difracción adoitan agochar cousas que están preto de Mirach e provocan que a galaxia feble e borrosa semella unha reflexión pantasmal interna do brillo estelar asoballante. Aínda así, tal e como aparece nesta imaxe definida xusto por riba e á esquerda de Mirach, a Pantasma de Mirach é catalogada coma a galaxia NGC 404 e estímase que está a uns 10 millóns de anos luz de distancia.

Proxecto: Ceos Galegos 2018 – calendario astronómico

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.