Venres 29 Marzo 2024

Os piares de po da Montaña Mística

Piar de po na nebulosa Carin
Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, NASA, ESA; Procesado e copyright: David Forteza.

Explicación: as estrelas contra o po na nebulosa Carina Nebula; e as estrelas van gañando. Máis precisamente, a potente luz e os ventos procedentes das estrelas masivas recén formadas están a evaporar e dispersar as garderías estelares de po nas que se formaron.  A aparencia deste piar, localizado na nebulosa Carina e coñecido informalmente coma a Montaña Mística, está dominado polo po escuro que se pensa está composto na súa maior parte de gas hidróxeno transparente. Os piares de po coma estes son realmente moito máis finos có aire e seméllanse a montañas polas cantidades relativamente pequenas de po interestelar opaco. A uns 7.500 anos luz de distancia, a imaxe publicada tirouse co Telescopio Espacial Hubble —reprocesada dixitalmente por un afeccionado dilixente— e salienta unha rexión interior de Carina que abarca uns tres anos luz. Nuns poucos millóns de anos, as estrelas probablemente gañarán completamente e a montaña completa de po será destruída.
Sabías que esta semana é a Semana Internacional do Ceo Escuro?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente