Xoves 28 Marzo 2024

Os misteriosos aneis da supernova 1987A

Créditos da imaxe: ESA/Hubble, NASA
Créditos da imaxe: ESA/Hubble, NASA

Explicación: que está a provocar estes estraños aneis na supernova 1987A? Hai trinta anos, en 1987, viuse a supernova máis brillante da historia recente na Gran Nube de Magallanes. No centro da imaxe publicada hai un obxecto no medio dos refugallos da violenta explosión estelar. Ao redor do centro hai aneis curiosos máis externos que semellan unha figura aplanada en forma de 8. Aínda que telescopios grandes, como o Telescopio Espacial Hubble, vixilan os curiosos aneis cada poucos anos, a súa orixe segue a ser un misterio. Esta imaxe do remanente SN1987A tomouna o Hubble en 2011. Especúlase sobre se a causa dos aneis poden ser chorros emitidos que se orixinarían nunha estrela de neutróns, doutro xeito agochada, que quedaría detrás da supernova, maila súa interacción co vento procedente da estrela proxenitora co gas ceibado antes da explosión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente