Os mares de Titán reflicten a luz solar

Os mares de Titán reflicten a luz solar

Os mares de Titán reflicten a luz solar

Créditos da imaxe: VIMS Team, U. Arizona, ESA, NASA.

Explicación: por que alumearía a superficie de Titán cun lóstrego cegador? A razón: reflexo solar desde os mares líquidos. A lúa de Saturno Titán ten moitos lagos tranquilos de metano que, cando o ángulo é correcto, reflicten a luz solar coma se fosen espello. Fotografado aquí en cores falsas, a sonda espacial automática Cassini que orbita Saturno fotografou a Titán cuberto de nubes o pasado verán en bandas diferentes de luz infravermella capaces de perforar as nubes. Esta reflexión especular foi tan brillante que saturou unha das cámaras de infravermellos da Cassini. Aínda que o reflexo solar era molesto, tamén foi útil. As rexións reflectoras confirman que o Titán setentrional alberga un conxunto amplo e complexo de mares cunha xeometría que indica periodos de evaporación significativa. A Cassini, durante os seus numerosos pases pola lúa máis misteriosa do noso Sistema Solar, desvelou a Titán coma un mundo con meteoroloxía activa; o que inclúe as veces nas que chove unha versión licuada de gas natural.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.