Sistema planetario HD 95086

Os dous discos de po de HD 95086

Sistema planetario HD 95086

Créditos da ilustración: Spitzer Space Telescope, JPL, NASA.

Explicación: como son outros sistemas estelares? Para axudar a sabelo, os astrónomos están a levar a cabo observacións polo miúdo de estrelas próximas con luz infravermella achegada para ollar o que teñen os discos de po que poderían estar a formar planetas. As observacións do Telescopio Espacial Spitzer da NASA e do Observatorio Espacial Herschel da ESA atoparon que o sistema planetario HD 95086 ten dous discos de po: un quente preto da estrela e un máis frío e afastado. Amósase aquí unha ilustración artística de como sería o sistema, incluíndo hipotéticos planetas con grandes aneis que orbitan entre os discos. Os planetas poden ter creado o gran baleiro entre os discos ao absorber e desviar po pola súa gravidade. HD 95086 é unha estrela azul un 60 por cento máis masiva ca o noso Sol que se atopa a uns 300 anos luz da Terra e pode ollarse con prismáticos cara a constelación de Carina. O estudo do sistema HD 95086 pode axudar aos astrónomos a comprender mellor a formación e evolución do noso propio Sistema Solar así como a Terra.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.