Créditos da imaxe e copyright: Steven Coates

Créditos da imaxe e copyright: Steven Coates

Os cágados de IC 410

Créditos da imaxe e copyright: Steven Coates

Créditos da imaxe e copyright: Steven Coates

Explicación: este primeiro plano telescópico fachendea da tenue nebulosa de emisión IC 410. Tamén amosa dous habitantes destacados da poza cósmica de gas e po que está por baixo e á dereita do centro, os cágados de IC 410. A nebulosa, parcialmente escurecida polo po do primeiro plano, arrodea a NGC 1893, un novo cúmulo galáctico de estrelas. Formado na nube interestelar hai tan só 4 millóns de anos, as estrelas brillantes e intensamente quentes do cúmulo potencian o gas brillante. Os cágados, compostos de gas máis denso e frío, teñen uns 10 anos luz de lonxitude e probablemente son lugares de formación estelar en proceso. As súas cabezas, esculpidas polos ventos e radiación procedente das estrelas do cúmulo, están perfiladas polas cristas brillantes de gas ionizado mentres as súas colas se arrastran cara fóra da rexión central do cúmulo. IC 410 está a uns 10.000 anos luz de distancia, cara a constelación, rica en nebulosas, de Auriga.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.