Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (CarnegieLas Campanas Observatory, TWAN)

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (CarnegieLas Campanas Observatory, TWAN)

Orión sobre a illa de Pascua

A constelación do Cazador corusca sobre as esculturas dos moai

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (CarnegieLas Campanas Observatory, TWAN)

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (CarnegieLas Campanas Observatory, TWAN)

Explicación: para que se construíron as estatuas da illa de Pascua? Non se sabe de certo. O que si se sabe é que aí hai unhas 800 grandes estatuas de pedra. As estatuas da illa de Pascua érguense, de media, o dobre da altura dunha persoa e teñen unhas 200 veces a súa masa. Sábense poucos detalles da historia ou o significado das estrañas esculturas de rocha, pero moitos cren que foron creadas hai uns 700 anos coma imaxes dos xefes locais dunha civilización perdida. Na publicación superior, unha das antigas esculturas Moai foi fotografada en 2016 por diante da constelación de Orión, incluíndo a famosa liña das tres estrelas do cinto mailas estrelas brillantes Betelgeuse (no extremo esquerdo, en vermello) e Rigel (por riba do centro). Porén, o xigante de pedra semella estar a inspeccionar á estrela máis brillante do ceo nocturno (á dereita): Sirius.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.