Venres 19 Abril 2024

Orión nunha exposición de 212 horas

Créditos da imaxe e copyright: Stanislav Volskiy, anotacións flotantes: Judy Schmidt
Créditos da imaxe e copyright: Stanislav Volskiy, anotacións flotantes: Judy Schmidt

Explicación: a constelación de Orión é moito máis ca tres estrelas en ringleira. É unha dirección do espazo rica de nebulosas impresionantes. Para aprezar mellor esta franxa tan ben coñecida do ceo, tirouse unha exposición incriblemente longa durante moitas noites claras dos anos 2013 e 2014. Despois de 212 horas de cámara fotográfica e unano adicional de procesado, emerxeu o collage publicado de 1400 imaxes que abarca unhas 40 veces o diámetro angular da Lúa. Dos numerosos detalles interesantes que se fixeron visibles, un que atrae particularmente ao ollo é o Bucle de Barnard, o brillante filamento vermello que se arquea cara abaixo desde o medio. A nebulosa Rosetta non é a nebulosa xigante e vermella preto da parte superior da imaxe; que realmente é a máis grande pero menos coñecida nebulosa chamada Lambda Orionis. Aínda que a nebulosa Rosetta tamén se ve: é a nebulosa branca e vermella na parte superior esquerda. A estrela brillante e laranxa xusto por riba do centro da imaxe é Betelgeuse, mentres que a estrela azul brillante da parte inferior dereita é Rigel. Outras nebulosas famosas que se poden ollar inclúen á nebulosa Cabeza de Meiga, a nebulosa da Chama, a nebulosa Pelica de Raposo e, se sabes onde mirar exactamente, a comparativamente pequenanebulosa Cabeza de Cabalo. Sobre esas tres estrelas famosas que cruzan o cinto de Orión O Cazador; nesta ateigada imaxe poden ser difíciles de localizar pero un ollo perspicaz as atopará xusto por baixo e á dereita do centro da imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Así varía a posición do Sol ao longo dun ano

As fotografías de David Couce permiten observar como o astro muda o lugar polo que se oculta en función do mes no que observemos o atardecer