Orión en infravermellos desde o WISE

Orión en infravermellos desde o WISE

Orión en infravermellos desde o WISE

Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA. Procesado e copyright: Francesco Antonucci.

Explicación: a Gran Nebulosa de Orión é un lugar intrigante. Visible a simple vista, aparece coma unha pequena mancha borrosa na constelación de Orión. Pero esta imaxe, un mosaico de catro paneis en cores ilusorias tiradas en bandas diferentes de luz infravermella co observatorio WISE que orbita a Terra, amosa a nebulosa de Orión coma unha veciñanza ateigada ou estrelas formadas recentemente, gas quente e po escuro. A potencia que está por tras de gran parte da nebulosa de Orión (M42) son as estrelas do cúmulo estelar do Trapezium, que se ven preto do centro da imaxe de amplo campo superior. O brillo laranxa que arrodea as estrelas brillantes fotografadas aquí é a súa propia luz estelar reflectida por intrincados filamentos de po que cobren moito da rexión. O actual complexo de nubes da Nebulosa de Orión, que inclúe a nebulosa Cabeza de Cabalo, esparexerase paseniñamente nos vindeiros 100.000 anos.

APOD galego en directo. Charla anual.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.