Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo

Orión e os nomes das estrelas

A Unión Astronómica Internacional estreou os nomes oficiais para as 227 estrelas máis brillantes do ceo

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo

Explicación: as estrelas familiares de Orión e as constelación do ceo teñen noves oficiais agora. Durante o ano pasado, a International Astronomical Union (Unión Astronómica Internacional), a única organización que pode nomear oficialmente ás estrelas, aprobou nomes xa usados de xeito cotiá para 227 das estrelas máis brillantes, incluínhdo as estrelas máis famosas do ceo: Sirius, Polaris e Betelgeuse. Na fotografía, amósase á constelación de Orión con varios destes nomes estelares agora oficiais superpostos. Esta vista espectacular, que abarca uns 30 graos, estrícase pola famosa constelación de cabeza a pés (esquerda a dereita) e máis alá. Os nomes comúns das tres estrelas do cinto de Orión tamén son oficiais xa. A 1.500 anos luz de distancia, a Gran Nebulosa de Orión é a gran rexión de formación estelar máis achegada, que se olla aquí xusto por baixo e á dereita do centro. Tamén poden ollarse nebulosa famosas que inclúen a nebulosa Cabeza de Cabalo e a nebulosa Cabeza de Meiga. Por suposto, a nebulosa de Orión e as estrelas brillantes son doadas de ver a simple vista, pero as nubes de po e emisión do extenso gas interestelar deste complexo rico en nebulosas son demasiado febles e moito máis difíciles de rexistrar. No mosaico publicado de imaxes telescópicas de banda ampla, tomáronse datos de imaxes adicionais cun filtro estreito de hidróxeno alfa empregado para salientar os ubicuos gabiáns de gas hidróxeno atómico coma no arco do xigante Bucle de Barnard.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.