Venres 29 Marzo 2024

Observatorio Gemini Norte

Créditos da imaxe e copyright: Joy Pollard (Observatorio Gemini)
Créditos da imaxe e copyright: Joy Pollard (Observatorio Gemini)

Explicación: semella un platiño voador, pero esta estrutura tecnoloxicamente avanzada non está aquí para liberar a intelixencia extraterrestre da película de ciencia fición clásica The Day the Earth Stood Still (N.T. “Ultimátum á Terra”). Máis ben, está aquí para aumentar o noso coñecemento do Universo. Shown sitting near the top of a mountain in Hawaii, a cúpula do Observatorio Gemini Norte , como se amosa preto do cumio dunha montaña en Hawaii, alberga un de dous telescopios idénticos de 8,1 metros de diámetro. Empregado co seu xémeo do hemisferio meridional en Chile, os dous teñen acceso ao ceo completo desde o planeta Terra. A imaxe, construída a partires de 85 exposicións con 30 segundos de duración cada unha cunha cámara fixa a un trípode, tamén amosa de xeito claro que a Terra nin fica queta. Axustada para ser lixeiramente máis brillante ao final dos seus arcos, os ronseis estelares concéntricos centrados no polo norte celeste son un reflexo da rotación da Terra ao redor do seu eixo. Preto do horizonte na latitude hawaiana, Polaris, a estrela do norte, fai o ronsel máis curto. A foresta máis densa e máis tenue de ronseis estelares cara a dereita están na Vía Láctea que se está a erguer.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente