Xoves 18 Abril 2024

O X (e o V) lunar

Créditos da imaxe e copyright: Henrik Adamsson
Créditos da imaxe e copyright: Henrik Adamsson

Explicación: o impactante X desta paisaxe lunar pode ollarse de xeito sinxelo con prismáticos ou cun telescopio pequeno, pero non o ve moita xente. O truco está en que este X lunar é efémero e só aparente nas horas previas á fase de primeiro cuarto da Lúa. Ao longo da liña de sombra entre o día e a noite lunar, a ilusión do X prodúcese por unha configuración de cráteres que se ven aquí cara a esquerda: Blanchinus, La Caille e Purbach. Preto da fase do primeiro cuarto da Lúa, un astronauta que ficara preto da posición dos cráteres vería como o Sol se ergue paseniñamente moi preto do horizonte. Temporalmente, as paredes dos cráteres serían alumeadas polo sol mentres os solos dos cráteres aínda estarían na escuridade. Ollado desde o planeta Terra, o contraste de parte das pareces brillantes contra os solos escuros parécense por casualidade a un X. Esta imaxe definida do X lunar foi captado o 22 de febreiro. Coma extra, move a túa mirada ao longo do terminador lunar e poida que tamén descubras o V lunar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150