Xoves 25 Abril 2024

O W de Cassiopeia

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)

Explicación: un esquema familiar en zigzag, con forma de W, da constelación meridional Cassiopeia é perfilado polas cinco estrelas brillantes deste amplo mosaico cheo de cor. Estendéndose uns 15 graos polos ricos campos estelares, a escena celeste inclúe nubes escuras, nebulosas brillantes e cúmulos de estrelas ao longo da Vía Láctea. Aínda así aparece destacada en cores amarelas-laranxas a estrela Shedar, alfa de Cassiopeia. A estrela xigante amarelada é máis fría có Sol, cunhas 40 veces o diámetro solar e tan luminosa que brilla intensamente na noite terrestre desde os seus 230 anos luz de distancia. A brillante Gamma Cas, unha estrela masiva que rota rapidamente no centro do W, está a uns 550 anos luz de distancia. A azulada Gamma Cas é moito máis quente có Sol. A súa intensa e invisible radiación ultravioleta ioniza aos átomos de hidróxeno das nubes interestelares da veciñanza para producir emisión H-alfa vermella e visible, cando os átomos se recombinan cos electróns. Como é natural, os observadores nocturnos situados no sistema estelar Alpha Centauri tamén verían o perfil recoñecible das estrelas brillantes de Cassiopeia. Pero desde a súa perspectiva, a tan só 4,3 anos luz de distancia, ollarían ao noso Sol coma unha sexta estrela brillante en Cassiopeia, estendendo o deseño en zig-zag xusto máis alá do bordo esquerdo desta imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón