Créditos da ilustración e licenza: Wikipedia, Pablo Carlos Budassi

Créditos da ilustración e licenza: Wikipedia, Pablo Carlos Budassi

O universo observable

En luz visible, o máis afastado que podes ver chega do fondo cósmico de microondas, un momento de hai 13 800 milleiros de millóns de anos

Créditos da ilustración e licenza: Wikipedia, Pablo Carlos Budassi

Créditos da ilustración e licenza: Wikipedia, Pablo Carlos Budassi

Explicación: ata onde podes ver? Todo que podes ver e todo o que poderías chegar a ver, agora mesmo, asumindo que os teus ollos poderían detectar todos os tipos de radiacións ao teu redor; é o universo observable. En luz visible, o máis afastado que podes ver chega do fondo cósmico de microondas, un momento de hai 13 800 milleiros de millóns de anos cando o universo era opaco coma unha brétema densa. Algúns neutrinos e ondas gravitationais que nos arrodean veñen de aínda máis lonxe, pero a humanidade non ten aínda a tecnoloxía para detectalos. A imaxe publicada ilustra o universo observable nunha escala compacta incremental, coa Terra e o Sol no centro arrodeados polo noso Sistema Solar, as estrelas achegadas, as galaxias próximas, as galaxias afastadas, os filamentos de materia primixenia e o fondo cósmico de microondas. Normalmente os cosmólogos asumen que o noso universo observable e xusto a parte achegada dunha entidade máis meirande coñecida coma “o universo”, onde se aplica a mesma física. Porén, hai varias liñas de ideas populares pero especulativas que afirman que aínda o noso universo é parte dun multiverso máis grande no que habería diferentes constantes físicas, se aplicarían diferentes leis físicas, operarían dimensións máis altas ou versións lixeiramente diferentes por casualidade do noso universo estándar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.