Sábado 20 Abril 2024

O turbulento polo norte de Saturno

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: o Grande Final da nave espacial Cassini en Saturno chegou. O Gran Final permitirá á Cassini explorar Saturno e algunha das súas lúas e aneis cun detalle sen precedentes. A primeira fase comezou hai dúas semanas cando un sobrevoo achegado a Titán trocou a órbita da Cassini nun pase preto dos polos de Saturno e xusto por fóra do máis externo anel F do planeta. Publícase aquí unha imaxe tirada durante a primeira pasada da Cassini nas súas 20 órbitas ao anel F de Saturno durante unha semana. Pode ollarse o vórtice polar central na parte superior esquerda, unha nube de bordos hexagonais no medio da imaxe, e varios sistemas treboentos en cores claras. En abril de 2017, a Cassini usará de novo a gravidade de Titán para comezar unha serie nova de 22 órbitas proximais;  traxectorias que levarán á Cassini ao interior dos aneis de Saturno por primeira vez. Pero a nova aventura científica da Cassini está programada que remate o 17 de setembro de 2017, cando a nave espacial automática será dirixida a un emocionante final de misión mergullándose dentro da atmosfera de Saturno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón