Xoves 25 Abril 2024

O tulipán no cisne

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh
Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh

Explicación: esta vista telescópica, marco dunha rexión brillante de emisión, olla ao longo do plano da nosa galaxia Vía Láctea cara a constelación, rica en nebulosas, Cygnus o Cisne. A nube brillante de po e gas interestelar, coñecido popularmente coma nebulosa do Tulipán, tamén se atopa no catálogo de 1959 do astrónomo coma Sh2-101. A uns 8.000 anos luz de distancia e con 70 anos luz de diámetro a complexa e fermosa nebulosa florea no centro da imaxe composta. As cores vermella, verde e azulcartografan a emisión procedente dos átomos de osíxeno, hidróxeno e xofre ionizados. A radiación ultravioleta  das estrelas novas e enerxéticas do bordo da asociación Cygnus OB3, incluíndo á estrela O HDE 227018, ioniza os atomos e potencia a emisión de luz visible da nebulosa do Tulipán. HDE 227018 é a estrela brillante moi achegada ao arco azul do centro do tulipán cósmico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón