Xoves 25 Abril 2024

O tránsito da sombra solar

Créditos da imaxe: NASA, NOAA/DSCOVR
Créditos da imaxe: NASA, NOAA/DSCOVR

Explicación: esta instantánea desde o espazo fondo capta o planeta Terra o 9 de marzo. A sombra da súa gran lúa está a caer no hemisferio alumeado polo Sol do planeta. Camiñando cara o leste (de esquerda á dereita) e atravesando o mundo cuberto de océanos, a sombra lunar moveuse rapidamente na dirección da rotación do planeta. Como é natural, os cidadáns da Terra situados preto da liña central do camiño da sombra ollaron este tránsito da sombra lunar coma unha breve eclipse total de Sol. Desde unha perspectiva espacial, a vista deste tránsito da sombra entre a Terra e o Sol foi proporcionada pola Earth Polychromatic Imaging Camera (EPIC ou Cámara de Fotografado Policromácito da Terra) da nave espacial Deep Space Climate Observatory (DSCOVR ou Observatorio Climático do Espazo Fondo).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150