Equipo do telescopio Webb cunha maqueta do mesmo.

Equipo do telescopio Webb cunha maqueta do mesmo.

Remata a montaxe do telescopio orbital Webb

Explicación: con todos os respectos para o Hubble; aquí chega o Telescopio Espacial James Webb (JWST). O JWST promete ser o novo telescopio máis potente do espazo. No mes pasado, o espello primario bañado en ouro de 18 segmentos do JWST foidesvelado. No vídeo secuencia que se publica, tirado a semana pasada, o espello de 6,5 metros de diámetro foi erguido a unha posición vertical. A emocionante secuencia de 30 segundos amosa aos enxeñeiros da NASA supervisando a proba mentres as luces da sala se reflicten con forza na superficie do espello, altamente reflectiva. Os espellos deberilio foron recubertos cunha lámia fina de ouro para facela máis reflectiva á luz infravermella. Os obxectivos científicos do JWST inclúen o estudo do funcionamento do universo temperá e as propiedades dos planetas que orbitan as estrelas achegadas. Debido ao grande tamaño do espello, será pregado para o lanzamento e despois, asumindo que todo vaia como está planificado, despregarase de novo, nunha emocionante manobra, no espazo. O JWST, unha misión conxunta das axencias espaciais dos EUA, Europa e Canadá, está programado actualmente para ser lanzado a finais de 2018.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.