Créditos da imaxe e copyright: Nicole Ottawa e Oliver Meckes / Eye of Science / Science Source Images

Créditos da imaxe e copyright: Nicole Ottawa e Oliver Meckes / Eye of Science / Science Source Images

O tardígrado: o mellor candidato a colonizar outros mundos

Non é un extraterrestre, pero é a especie animal que mellor sobrevive a condicións extremas

Créditos da imaxe e copyright: Nicole Ottawa e Oliver Meckes / Eye of Science / Science Source Images

Créditos da imaxe e copyright: Nicole Ottawa e Oliver Meckes / Eye of Science / Science Source Images

Explicación: é isto un extraterrestre? Probablemente non; pero de todos os animais da Terra, os tardígrados serían os mellores candidatos. Iso débese a que sabemos que os tardígrados son quen de vivir décadas sen comida nin auga, sobrevivir a temperaturas desde preto do cero absoluto a ben por riba do punto de ebulición da auga, sobrevivir a presións preto de cero deica ben por riba das que hai nos fondos oceánicos e sobrevivir á exposición directa a radiacións perigosas. O amplo abano de supervivencia destes extremófilos foi probada en 2011 no exterior dun transbordador espacial en órbita. Os tardígrados son tan duradeiros en parte porque poden reparar o seu propio ADN e reducir o contido de auga do seu corpo a unha pequena porcentaxe. Algúns destes osos de auga en miniatura case se volven extraterrestres recentemente cando despegaron cara a lúa marciana Phobos a bordo da misión rusa Fobos-Grunt, pero ficaron sendo terrestres cando un foguete fallou e a cápsula quedou en órbita da Terra. Os tardígrados son máis comúns cós humanos por toda a Terra. Fotografado aquí nunha micrografía electrónica, coas cores salientadas, un tardígrado dun milímetro de longo agatuña na carriza.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.