Sábado 20 Abril 2024

O rover Curiosity na duna Namib en 360º

Explicación: preme ou abanea para ollar unha vista espectacular de Marte tomada polo todoterreo Curiosity no decembro pasado. No primeiro plano, podemos ollar ao propio Curiosity, incluíndo o seu reloxo de Sol cheo de po. O todoterreo automático, comezando desde unhs sete metros atrás, pode ollarse pousando diante dunha duna de area negra e 5 metros de altura denominada Namib, unha das numerosas dunas que abarca o eido Bagnold. Afastado ao lonxe está o cumio do monte Sharp, cos seus 5,5 quilómetros de altura no centro do cráter Gale de 150 metros de diámetro, o cráter no que aterrou o Curiosity hai uns poucos anos. A composición publicada abarca uns 360 graos completos ao redor grazas a combinar varias fotografías tiradas o mesmo día, mentres o resultado axustouse nas cores para mimetizar a luz terrestre. Hogano, o Curiosity está a atravesar o Naukluft Plateau , rochoso e irregular, mentres continúa coa súa andaina ao redor e cara o monte Sharp.

Ollo: se o teu navegador non conta coas panorámicas de YouTube 360 panoramas, olla unha versión estática da imaxe aquí.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

Primeiras imaxes de Deimos, a lúa máis misteriosa de Marte

Foi capturada pola Hope Mars Mission e a partir das capturas os expertos deduciron que o satélite puido formarse co planeta

A nave da misión Artemis I regresa con éxito á Terra tras un mes xirando arredor da Lúa

A cápsula da misión Artemis I amarou o pasado domingo nas augas do Océano Pacífico tras facer historia co seu voo de case 26 días sen tripulación en torno ao noso satélite