Créditos da imaxe: SpaceX

Créditos da imaxe: SpaceX

O Roadster, Starman e o planeta Terra

O éxito do foguete Falcon Heavy permitiu levar ao espazo este descapotable de Elon Musk

 Créditos da imaxe: SpaceX

Créditos da imaxe: SpaceX

Explicación: non teñas medo. Tan só é un manequín cun traxe espacial chamado Starman (O Home das Estrelas). Mentre o cuarto crecente alumeado polo Sol do planeta Terra retrocede por detrás, Starman está sentado comodamente ao volante dun Tesla Roadster nesta última fotografía do lanzamento da carga espacial porun foguete Falcon Heavy o 6 de febreiro. Internacionalmente denominado 2018-017A, o deportivo sen capota e Starman diríxinse polo espazo máis alá da órbita de Marte. O éxito do foguete Falcon Heavy convertiuse agora no foguete máis potente en operación e o deportivo nun dos catro coches eléctricos lanzados desde o planeta Terra. Os outros tres foron lanzados á Lúa por foguetes Saturn V, historicamente máis potentes (pero non reutilizables). Aínda así, o deportivo de Starman probablemente sexa o único que se consideraría legal nas rúas.

Fotos do ceo feitas desde Galicia? (Case) cada día en www.ceosgalegos.com.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.