Créditos da imaxe e copyright: José J. Chambó (Cometografia)

Créditos da imaxe e copyright: José J. Chambó (Cometografia)

O remuíño con cometas

A brillante galaxia espiral Messier 51 coñécese popularmente coma a galaxia Remuíño

Créditos da imaxe e copyright: José J. Chambó (Cometografia)

Créditos da imaxe e copyright: José J. Chambó (Cometografia)

Explicación: a brillante galaxia espiral Messier 51, non un cometa, coñécese popularmente coma a galaxia Remuíño. Xusto fóra do mango do Carro Maior nos ceos setentrionais, podes descubrila na parte superior esquerda desta imaxe do 1 de decembro. Aínda que o campo de vista cuns fermosos 4 por 2,5 graos contén dous cometas. Ámbolos dous cometas, de aparencia diferente, son visitantes novos do Sistema Solar interior e son actualmente obxectos telescópicos febles, moi altos por riba dos horizontes setentrionais no crepúsculo matutino. Na parte inferior esquerda está o recentemente descuberto cometa NEOWISE (C/2016 U1) fachendeando dunha coma redonda e difuminada nunha luz verde polo gas carbónico diatómico que emite fluorescencia pola luz solar. A luz solar reflíctese no po da coma e na cola pequena e grosa do cometa Johnson (C/2015 V2) na parte superior dereita.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.