Venres 19 Abril 2024

O reloxo astronómico de Praga

Créditos da imaxe e licenza: Jorge Láscar
Créditos da imaxe e licenza: Jorge Láscar

Explicación: no centro de Praga hai un reloxo co tamaño dunha casa. Durante o día, amoréase a xente para contemplar o espectáculo cando repenica nunha nova hora. A faciana do Reloxo Astronómico de Praga é impresionantemente complexa, dando non so a hora normal co respecto ao Sol (tempo solar), senón a hora relativa ás estrelas (tempo sidéreo), as horas do mencer mailo solpor, a hora no ecuador, a fase da Lúa e moito máis. O reloxo comezou a funcionar en 1410 e, aínda que se fixeron moitos traballos no interior para modernizalo varias veces, conserva partes orixinais. Por baixo do reloxo hai un calendario solar, case do mesmo tamaño, pero estático. Na imaxe, o Reloxo Astronómico de Praga foi fotografado solitario nunha mañanciña de marzo de 2009. O Reloxo Astronómico de Praga e a Vella Torre da Cidade por tras del están a ser renovados de novo na actualidade, agardando que o reloxo estea restaurado en xuño de 2018.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón