Venres 26 Abril 2024

O raio verde no Golden Gate


Créditos do vídeo e  copyright: Alex Rivest; Música: Eureka por Huma-Huma
Explicación: o escenario é a badía de San Francisco, o intre é o solpor, e a ponte é o Golden Gate. O que estás a ollar é un abraiante solpor dobre rematando cun raro raio verde. Obsérvao con atención; no vídeo secuencia gravado, o aire excepcionalmente quente creado polo tráfico da ponte refracta a luz solar cara a Terra, facendo que se forme unha imaxe superior na parte alta do Sol. Esta imaxe desaparecerá (convertíndose no primeiro “solpor”) só despois de que a imaxe principal se afunda por baixo da plataforma. Ao mesmo tempo, os barcos navegan en primeiro plano, os coches circulan por riba da ponte e as nubes que reflicten a luz solar vagan ao lonxe. A escena remata coa propia atmosfera turbulenta da Terra creando un camiño que só a luz solar visible da máis alta enerxía pode percorrer, facendo que a derradeira ollada da nosa estrela fogar semelle brillar en verde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón