Créditos da imaxe: Caltech

Créditos da imaxe: Caltech

O principio holográfico

Este límite aínda por demostrar foi postulado por primeira vez polo físico Gerard ‘t Hooft en 1993

Créditos da imaxe: Caltech

Créditos da imaxe: Caltech

Explicación: vale esta imaxe máis ca un milleiro de palabras? De acordo co principio holográfico, o máximo de información que podes tirar desta imaxe é duns 3 x 1065 bits para un monitor informático de tamaño normal. O principio holográfico, aínda sen demostrar, establece que hai unha cantidade máxima de información mantida polas rexións adxacentes a calquera superficie. Polo tanto, en contra da intuición, a información contida no interior dunha habitación non depende do seu volume senón da área das paredes que a limitan. O principio deriva da idea de que a lonxitude de Planck, a escala de lonxitude na que a mecánica cuántica comeza a dominar á gravidade clásica, e o lateral dunha área que poida manter só un bit de información. O límite foi postulado por primeira vez polo físico Gerard ‘t Hooft en 1993. Pode emerxer a partires de xeralización da especulación aparentemente afastada de que a información mantida por un burato negro está determinada non polo volume que encerra senón pola área superficial do seu horizonte de sucesos. O termo “holográfico” xorde dunha analoxía co holograma onde as imaxes tridimensionais son creadas proxectando luz ao través dunha pantalla plana. Coidado, outra xente que mira a imaxe publicada pode manter que non se ven 3 x 1065 bits; poderían afirmar estar a ver unha teteira.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.