Créditos da imaxe: GRIN, NASA

Créditos da imaxe: GRIN, NASA

O primeiro foguete de Cabo Cañaveral

Créditos da imaxe: GRIN, NASA

Créditos da imaxe: GRIN, NASA

Explicación: un novo capítulo do voo espacial comezou esta semana de xullo de 1950 co lanzamento do primeiro foguete desde Cabo Canaveral (Florida): o Bumper V-2. Amosado enriba, o Bumper V-2 era un ambicioso programa de foguetes de dúas etapas que coroaba unha base dun mísil V-2 cun foguete WAC Corporal. A etapa superior era quen de acadar altitudes, por entón récord, de case 400 quilómetros, incluso máis alto cósTransbordadores Espaciais que voaron no seu momento. O Bumper V-2, lanzado baixo a dirección da empresa General Electric, usouse sobre todo para probar os sistemas dos foguetes e para investigar a atmosfera superior. Os foguetes Bumper V-2 portaban zonas de carga pequenas que lles permitían medir características que incluían a temperatura do aire e os impactos de raios cósmicos. Sete anos máis tarde, a Unión Soviética lanzou os Sputnik I e Sputnik II, os primeiros satélites á órbita terrestre. Como resposta, en 1958, osEUA crearon a NASA.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.