gcenter_hstspitzer

O núcleo galáctico en infravermello

gcenter_hstspitzer

Créditos: Hubble: NASA, ESA e D. Q. Wang (U. Mass, Amherst); Spitzer: NASA, JPL e S. Stolovy (SSC/Caltech).

Explicación: que está a acontecer no centro da nosa galaxia Vía Láctea? Para axudar a averigualo, combináronse os esforzos dos telescopios espaciais orbitais Hubble e Spitzer para explorar a rexión nun detalle sen precedentes en luz infravermella. O centro da Vía Láctea está en gran parte escurecido para a luz visible polo po. A imaxe superior inclúe unhas 2.000 imaxes da cámara NICMOS do Telescopio Espacial Hubble tiradas en 2008. A imaxe abarca 300 por 115 anos luz cunha resolución tan elevada que se poden discernir estruturas de só 20 veces o tamaño do noso Sistema Solar. Poden verse as nubes de gas brillante e po escuro así coma tres grandes cúmulos estelares. Os campos magnéticos poden estar a canalizar o plasma ao longo da parte superior esquerda preto do cúmulo Arches, mentres os potentes ventos estelares están a escaravellar piares preto do cúmulo Quíntuplo abaixo á esquerda. O masivo cúmulo Central de estrelas que arrodea a Sagittarius A* pode ollarse abaixo á dereita. Aínda non se comprende a razón pola que as estrelas masivas e brillantes do centro semellan estar sen asociarse con estes cúmulos de estrelas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.