Créditos da imaxe: NASA, JPL, Juno Mission

Créditos da imaxe: NASA, JPL, Juno Mission

O norte e o sur de Xúpiter

Créditos da imaxe: NASA, JPL, Juno Mission

Créditos da imaxe: NASA, JPL, Juno Mission

Explicación: unha ampla órbita en bucle trouxo a Juno preto de Xúpiter o 27 de agosto. Mentres a nave espacial se abaneaba ao redor dos polos do planeta xigante, a JunoCamtomaba estas primeiras vistas polares directas, un troco da perspectiva normal case ecuatorial das sondas espaciais e dos telescopios do planeta Terra. A parte alumeada polo Sol da rexión polar norte (esquerda) foi fotografada a uns 125.000 quilómetros do cumio das nubes, dúas horas antes do achegamento máximo de Juno. Unha hora despois da aproximación máxima a rexión polar sur foi captada desde 94.500 quilómetros de distancia. As nubes das rexións polares, abraiantemente diferentes das máis familiares rexións ecuatorias coas súas zonas que alternan cores claras e escuras e os cintos máis escuros que o cinguen, semellan máis retortas e con manchas por moitos sistemas de tormentas que xiran no sentido das agullas do reloxo e ao contrario. Durante a misión Juno están planeados outros 35 sobrevoos orbitais achegados.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.