O Messier 5 do Hubble

O Messier 5 do Hubble

O Messier 5 do Hubble

Créditos da imaxe: HST, ESA, NASA.

Explicación: “Fermosa nebulosa descuberta entre a Balanza [Libra] e a Cobra [Serpens]…”, comeza a descrición da quinta entrada do famoso catálogo de nebulosas e cúmulos do século XVIII, do astrónomo Charles Messier. Aínda que se apareceu a Messier borrosa e redonda e sen estrelas, sábese agora que Messier 5 (M5) é un cúmulo globular de estrelas, 100.000 estrelas ou máis, ligadas pola gravidade e amoreadas nunha rexión duns 165 anos luz de diámetro. Atópase a uns 25.000 anos luz de distancia. Os cúmulos globulares, vagando polo halo da nosa galaxia, son membros anciáns da Vía Láctea. M5 é un dos globulares máis vellos, estímase que as súas estrelas teñen case uns 13 mil millóns de anos. O feroso cúmulo estelar é un obxectivo popular para os telescopios terrestres. Como é natural, o Telescopio Espacial Hubble, instalado na órbita baixa da Terra o 25 de abril de 1990, tamén captou a súa propia imaxe espectacular en primeiro plano, que abarca uns 20 anos luz preto da rexión central de M5. Incluso máis preto do seu núcleo denso á esquerda, as vellas estrelas xigantes vermellas e azuis do cúmulo e as rexuvenecidas rezagadas azuis sobresaen en cores amarela e azul nesta definida imaxe en cor.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.