O longo Lovejoy e a pequena Dumbbell

O longo Lovejoy e a pequena Dumbbell

O longo Lovejoy e a pequena Dumbbell

Créditos da imaxe e copyright: Rolando Ligustri (CARA Project, CAST).

Explicación: a retorta cola iónica do cometa Lovejoy, batida polo vento solar, estírase uns 3 graos ao través deste campo de vista telescópico, rexistrado o 20 de febreiro. O fondo estrelado inclúe a impresionante estrela azulada Phi Persei debaixo e a fermosa nebulosa planetaria M76 xusto enriba da longa cola do Lovejoy. Tamén coñecida como a nebulosa Pequena Dumbbell, por tras da súa brillante curmá M27 ou nebulosa Dumbbell, M76 está só a distancia equivalente do ancho dunha Lúa chea desde a verdecente coma do cometa. Este cometa Lovejoy (C/2014 Q2), aínda brillante nos ceos do hemisferio norte, esta a saír do sistema solar interior a uns 10 minutos luz ou 190 millóns de quilómetros da Terra. Pero realmente a Pequena Dumbbell está a entre 3 e 5 milleiros de anos luz de distancia. Agora, varrendo paseniñamente ao norte cara a constelación Cassiopeia, o cometa Lovejoy está a atenuarse máis lentamente do predito e aínda segue a ser un bo obxectivo para telescopios pequenos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.