Xoves 25 Abril 2024

O furacán Iván dende a Estación Espacial

Créditos da imaxe: tripulación da Expedición 9, Estación Espacial Internacional, NASA
Créditos da imaxe: tripulación da Expedición 9, Estación Espacial Internacional, NASA

Explicación: preto do noventa por cento das casas de Granada foron danadas pola forza destrutiva do furacán Iván. No seu máximo de 2004, Iván foi un furacán de categoría 5, a categoría de máxima potencia na escala Saffir-Simpson, e creou ventossostidos con máis de 200 quilómetros por hora. Iván foi o furacán máis potente que bateu nos EUA en 2004 e un dos máis fortes nos rexistros históricos. Mentres xiraba noocéano Atlántico, o tremendo ollo do furacán Iván foi fotografado por arriba polaEstación Espacial Internacional en órbita. O nome Iván foi xa retirafo para o seu uso no océano Atlántico pola Organización Meteorolóxica Mundial. Este mes, o furacán Matthew devastou parte de Haití e está actualmente a dar voltas xusto por fóra da costa leste dos EUA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural