Créditos da imaxe: J. Morse (Arizona State U.), K. Davidson (U. Minnesota) et al., WFPC2, HST, NASA

Créditos da imaxe: J. Morse (Arizona State U.), K. Davidson (U. Minnesota) et al., WFPC2, HST, NASA

O fatal destino da estrela Eta Carinae

Créditos da imaxe: J. Morse (Arizona State U.), K. Davidson (U. Minnesota) et al., WFPC2, HST, NASA

Créditos da imaxe: J. Morse (Arizona State U.), K. Davidson (U. Minnesota) et al., WFPC2, HST, NASA

Explicación: Eta Carinae pode estar a piques de estoupar. Pero ninguén sabe cando; poida que sexa o vindeiro ano, poida que sexa dentro dun millón de anos. A masa de Eta Carinae, unhas 100 veces máis grande có noso Sol, convírtea nunha candidata excelente para unha gran supernova. Os rexistros históricos amosan que hai uns 150 anos Eta Carinae sufriu un estoupido estraño que a converteu nunha das estrelas máis brillantes doceo meridional. Eta Carinae, na nebulosa do Pecho, é a única estrela da que actualmentese pensa que emite unha luz láser natural. Esta imaxe que se amosa, tirada en 1996, aportou detalles novos da estraña nebulosa que arrodea a esta estrela pillabán. Agora son visibles claramente dous lobos diferenciados, unha rexión central quente, e unhas estrañas marcas radiais. Os lobos están cheos de corredores de gas e po que aborben a luz azul e ultravioleta emitida preto do centro. As marcas seguen a carecer de explicación.

Parladoiros de balde do APOD: o editor falará en xaneiro en Filadelfia e a cidade de New York
E o tradutor, proximamente en Ourense, Vigo e Santiago de Compostela.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.