Venres 29 Marzo 2024

O equinoccio nunha Terra xiratoria

Explicación: cando se fai vertical a liña entre o día e a noite? Mañá. Mañá hai un equinoccio no planeta Terra, un intre do ano cando o día e a noite son practicamente iguais. Nun equinoccio, o terminador da Terra (a liña divisoria entre o día maila noite) faise vertical e conecta os polos norte e sur. O vídeo secuencia publicado demostra isto amosando un ano enteiro do planeta en doce segundos. Desde unha órbita xeosíncrona, o satélite Meteosat gravou estas fotografías en infravermello da Terra cara día á mesma hora local. O vídeo comezou no equinoccio de setembro de 2010 coa liña do terminador estando en vertical. Mentres a Terra xiraba ao redor do Sol, o terminador ollábase inclinarse dun xeito que proporcionaba menos luz solar polo día no hemisferio norte, provocando o inverno. Mentres o ano progresaba, o equinoccio de marzo de 2011 chegou á metade da duración do vídeo, seguido polo terminador inclinándose doutro xeito, provocando o inverno no hemisferio sur; e o verán no norte. O ano rexistrado remata de novo co equinoccio de setembro, concluíndo outro dos milleiros de millóns de viaxes que a Terra fixo, e fará, ao redor do Sol.

Rematamos a xira galega das charlas sobre o APOD do último ano en Santiago de Compostela (CSC Fontiñas, sábado 25 de marzo, ás 18:00).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A primavera comeza este mércores despois do cuarto inverno máis chuvioso do século XXI

Neste mes será posible observar con prismáticos o cometa 12P/Pons-Brooks, segundo o coordinador de investigación do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo

A primavera arrinca cun potente anticiclón que disparará os termómetros ata os 27 graos

Este luns entra aire frío en altura e pola tarde choverá con carácter tormentoso no interior da comunidade

Galicia vivirá unha primavera “máis cálida do normal”

Segundo a AEMET, as temperaturas invernais estiveron 1,8 graos por enriba da media habitual para esta época do ano