Venres 29 Marzo 2024

O disco protoplanetario de HL Tauri desde ALMA

Sistema Estelar HL Tauri
Créditos da imaxe: ALMA (ESO/NAOJ/NRAO), NSF.

Explicación: por que este disco xigante ten ocos? A excitante e probable resposta é: planetas. O misterio é como se formaron tan rapidamente planetas dabondo masivos para crear estes ocos, xa que o sistema estelar HL Tauri ten só máis ou menos un millón de anos de idade. A imaxe na que se descubriron os ocos tirouse co novo conxunto de telescopios Atacama Large Millimeter Array (ALMA) en Chile. ALMA fotografou o disco protoplanetario, que abarca uns 1.500 minutos luz de diámetro, nun detalle sen precedente, resolvendo características tan pequenas coma de 40 minutos luz. A luz de baixa enerxía empregada por ALMA tamén foi quen de ollar ao través da brétema de gas e po que se interpón. O sistema HL Tauri atópase a uns 450 anos luz da Terra. O estudo de HL Tauri probablemente aportará información de como se formou e evolucionou o noso Sistema Solar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente