Xoves 18 Abril 2024

O disco celeste de Nebra

Créditos da imaxe: Dbachmann, Wikipedia
Créditos da imaxe: Dbachmann, Wikipedia

Explicación: hai quen o considera como a ilustración do ceo nocturna máis antiga que existe. Pero que representa exactamente e por que se fixo? O disco celeste de Nebra foi atopado cun detector de metais en 1999 por cazadores de tesouros preto de Nebra, (Alemaña), no medio de varias armas da idade de bronce. O artefacto antigo abarca uns 30 centímetros e asociouse coa cultura de Unetice que habitou parte de Europa ao redor do 1600 a.C. Os puntos, reconstruídos, pénsase que representas a estrelas, co cúmulo representando as Pléiades, e o cículo grande mailo crecente represen tando ao Sol e a Lúa. O propósico do disco fica descoñeciso; con hipóteses que inclúen un reloxo astronómico, un obxecto artístico ou un símbolo relixioso. Valorado nuns 9 millóns de euros, hai quen coida que o disco celeste de Nebra é só parte dunha parella, con outro disco pendente de ser descuberto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón